Blogia
Andresadas

Hay oportunidades, pero non tregua

Hay oportunidades, pero non tregua A asociación terrorista ETA (Euskadi ta Askatusuna, que quere dicir Euskadi e Liberdade), informou logo de que este pasado sábado explotase en Palencia un artefacto onde houbo graves daños materiais, ainda que ningún ferido, que a situación actual favorecía un acercamento da organización ó diálogo co goberno. Tamén explosionou o martes outro artefacto en Zaragoza sen danos graves aparentes. O novo sistema político español facilita moito máis o proceso do Estatuto basco, no cal, segundo ETA, buscan proclamar máis dereitos para o seu pobo, e chegar a unha verdadeira Euskal Herría.

O comunicado de ETA, unha vez máis o diario Gara, afirma que "os inimigos do noso pobo non nos van agasallar nada", e tamén fala de novas oportunidades para o pobo basco. Estas declaracións da asociación terrorista coinciden co día do soldado basco "Gudari Eguna". ETA apoia a esquerda abertzale, coa cal, os cidadáns bascos gozarán de tódalas liberdades.

Ó mesmo tempo, acusa ó Partido Nacionalista Vasco(PNV) de non favorecer ás peticións do seu pobo, actuando de maneira egoísta e coas axudas que reciben de Madrid, sen ter en conta á oposición no País Basco. Por outra banda, o PNV asegurou este verán que endexamais ía a propoñe-la independencia para Euskadi, o cal é totalmente contrario ós intereses de ETA.

Agora faise un paralelismo... Xa que o IRA quebrou en Irlanda, quebrará ETA en España? Dende o meu punto de vista, non. ETA fala de oportunidades para abrir unha nova liña de diálogo, o cal non indica que non vaian a deixa-la loita armada... O proceso de desarme aínda está a comezar. É necesario (non polo terrorismo, senón polos bascos), un Estatuto firme, que indique o País Basco coma nación, que lle outorgue os dereitos os seus cidadáns... Tamén Galiza e Cataluña precisamos dese Estatuto... Chegará? Ou non?

0 comentarios